PR-G 201 Ruta Integral Serra Calva – Pena Trevinca. Traballos de mantemento – Concello da Veiga (Ourense)

SEGATUR realizou esta semana algúns traballos de revisión en varias das rutas do Concello da Veiga.

Lamentablemente atopamos algún sinal estragado e outros, como o da imaxe, que fora «vandalizado». Coma a reparación podía facerse in situ, con materiais de limpeza especiais procedimos a borrar a «pintada».

Nas imaxes pódense ver o sinal antes e despois da limpeza. Recomendamos que os sinais laminados de alta densidade, como o da foto, sexan tratados con produtos adecuados.