PR-G 148 Ruta do Mar de Corme e Ribeira do Anllóns

Praias de Corme
Praias de Corme

Ruta pola beira do mar, sinalizada en 2012, con impresionantes vistas e rodeada de cultura, patrimonio, historia, natureza, etc. O visitante, a máis de levar prismáticos para observar aves e cetaceos, debe ter lido antes sobre Pondal, sobre o Cruceiro da Pedra da Serpe en Gondomil ou sobre a II Guerra Mundial e o periao de Balarés.
En definitiva, unha senda que mostra moito máis do que ves cos ollos!

Máis info aquí.

PR-G 151 Ruta das Lagoas

Lagoa de Cospeito
Lagoa de Cospeito

Esta ruta no Concello de Cospeito, sinalizada en 2011, permite coñecer unha das sendas máis longas da Rede de Sendeiros da Terra Chá, así como a ben afamada Lagoa de Cospeito que é unha das zonas húmidas máis importantes de Galicia.

O sendeiro que une o Centro de Interpretación da Lagoa na Feira do Monte e a Igrexa de San Martiño de Lamas, é fácil de realizar andando ou en bicicleta debido ó seu lene percorrido. Por iso é ideal para iniciarse no sendeirismo nestas terras lucenses.

Esta ruta pertence á interesante Rede de Sendeiros da Terra Chá. A dificultade do percorrido é baixa.

Máis info aquí.

PR-G 152 Ruta dos Muíños

Muíño - Abadín
Muíño – Abadín

A ruta dos Muíños que une Cabo de Vila con A Laxe, foi sinalizada en 2011 en Abadín, e vai ó longo dun fermoso percorrido no que visitaremos os muíños do rego de Rodeiro e pasaremos xunto ó río Anllo.
Neste trazado de menos de cinco quilómetros poderemos observar o muíño de Cabo de Vila, o muíño Pequeno Escaravello (Foxacos), o muíño da Fraga, o de Trasón, o do Mazo (A Vesada) e o moderno muíño fabril de Corvite, que data de inicios do século XX.
Esta ruta pertence á interesante Rede de Sendeiros da Terra Chá. A dificultade do percorrido é baixa.
Máis info aquí.

PR-G 153 Augas de Fomiñá

Fonmiñá - A Pastoriza
Fonmiñá – A Pastoriza

O percorrido PR-G 153 Augas de Fomiñá, sinalizado en 2011 na Pastoriza (Lugo), forma parte dunha rede de percorridos na Terra Chá.
Neste sendeiros camiñaremos xunto ó río Miño, nun variado percorrido que une as áreas recreativas de Fomiñá e de Baltar.
Zonas húmidas, natureza e auga acompáñannos nesta andaina na que poderemos ver a fermosa contorna, transitar polas pasarelas e visitar Fomiñá, a fonte principal do nacemento do Miño. Tamén gozaremos do interesante Castro de Sa, a ponte vella de Miñoto e a tranquila praia fluvial e área recreativa de Baltar. A dificultade do percorrido é baixa.
Maís info aquí.

PR-G 154 Ruta do Azúmara

Castro de Viladonga
Castro de Viladonga

O percorrido PR-G 154 Ruta do Azúmara, sinalizado en 2011 en Castro de Rei, forma parte dunha rede de percorridos na Terra Chá.

O inicio do percorrido non pode ser mellor: o magnífico Castro de Viladonga.

A dificultade do percorrido é baixa.

PR-G 155 Ruta Miradoiro da Terra Chá

Sinal PR-G 155
Sinal PR-G 155

O percorrido PR-G 155 Miradoiro da Terra Chá, sinalizado en 2011 en Outeiro de Rei, forma parte dunha rede de percorridos na Terra Chá.

O inicio do percorrido é na Feira e remata na igrexa de Francos. Ten uns 11 quilómetros de extensión, aínda que pode ser circulado enlazando o inicio e o fin ao longo dunha pista, cun percorrido adicional de 2 km. Estes poden facerse en pouco máis de 20 minutos.

Todo o camiño quedou impecablemente sinalizado en 2011 e era difícil se perder. Consulten sobre o seu mantemento no Concello. A dificultade do percorrido é baixa.

PR-G 157 Roteiro Augas Mestas – Doade

Río Sil
Río Sil

Atopámonos no territorio da D.O. Ribeira Sacra, na bisbarra de Terra de Lemos, nun dos sendeiros máis espectaculares pero tamén máis longos e esixentes de Galicia.

Unha senda marcada en 2011 moi dura e de fermosas paisaxes.

Os seus 27 km, os desniveis e as gradas requiren unha boa condición física, sen esquecer a planificación do percorrido, do avituallamento, dos horarios e do transporte de regreso.
PR-G 157 Roteiro Augas Mestas – Doade

PR-G 162 Ruta da Ribeira Sacra do Miño

PR-G 162
PR-G 162

Hoxe presentamos unha senda marcada en 2013, moi dura, pero indubidablemente fermosa.

O percorrido permítenos coñecer a Ribeira Sacra seguindo a conca do río Miño dende San Estevo de Ribas de Minho (O Saviñao) ata o lugar de Cima de Atán (Pantón).

Apreciaremos paisaxes que nos deixarán sen palabras, aldeas solitarias como Bexán, A Pena, Millarada ou Marce rodeados de viñedos da D.O. Ribeira Sacra e soutos de castiñeiros centenarios. Os templos románicos de San Estevo de Ribas de Minho, San Paio de Diomondi e San Martiño da Cova, así como as ermidas e castelos encherán este espazo de contido histórico e artístico.

PR-G 175 Ruta do Monte de San Xusto

O Valiño - Pontedeva
O Valiño – Pontedeva

Hoxe presentamos unha senda marcada en 2014, con fermosas vistas sobre o Miño.
Este carreiro mostra a exuberante natureza que rodea o río Deva e permite fermosas vistas sobre o río Miño. Ao ser un roteiro circular pódese iniciar en varios puntos, como a área de autocaravanas de O Valiño ou A Ponte Ballote, sendo aconsellable este último emprazamento xa que conecta tamén co roteiro PR-G 176. Visita a impresionante e medieval (ou romana ? ) Ponte Trado.
Recomendamos contactar co Concello de Pontedeva antes de visitala para garantir que a ruta está transitable, xa que trascorre por algunhas zonas de repoboacións e poden existir traballos silvícolas.