PR-G 201 Ruta Integral Serra Calva – Pena Trevinca. Traballos de mantemento – Concello da Veiga (Ourense)

SEGATUR realizou esta semana algúns traballos de revisión en varias das rutas do Concello da Veiga.

Lamentablemente atopamos algún sinal estragado e outros, como o da imaxe, que fora «vandalizado». Coma a reparación podía facerse in situ, con materiais de limpeza especiais procedimos a borrar a «pintada».

Nas imaxes pódense ver o sinal antes e despois da limpeza. Recomendamos que os sinais laminados de alta densidade, como o da foto, sexan tratados con produtos adecuados.

Paneis en Trevinca – Trevihost

Panel miradoiro Trevinca
Panel na Mina dos Alemás

A asociación Trevihost, realizou unha sinalización con paneis e publicacións de mapas dos elementos naturais máis destacados de Trevinca. Colocáronse 4 paneis miradoiros (coma o da imaxe) e un panel modelo Eiras. Tamén foron realizados 2 folletos con mapas dos elementos máis característicos desta xeografía.

Panel informativo na Veiga

Colocado no Concello da Veiga un panel con información da Rede Etnográfica, do turismo activo e dos centros de visitantes (Pena Trevinca e Centro Apícola de Prada).