

Comparto con vós unha páxina que pode remover conciencias e memorias… fuxidos.es
Foi un proxecto de SEGATUR e co patrocinio público/privado da Administración local e autonómica e dunha asociación hosteleira, baseado nas terribles experiencias dun fuxido nas montañas de Trevinca.
Don Alfonso Ortega Prada, secretario da Sociedade Agraria de Xares (A Veiga, Ourense), deixou manuscrito entre 1936 e 1937 as súas desgarradoras memorias mentres fuxía e se agachaba nas montañas de Trevinca.
Animámosvos a visitar https://fuxidos.es




Na aldea da Ponte (A Veiga) foi inaugurado o 13/05/2017 o Centro de recepción de visitantes no que foi a Casa-Escola. Información variada sobre fauna, flora e percorridos montañeiros, complementada con rutas sendeiristas de montaña.