
Concello de Baleira (Lugo).
Actualizamos os datos da nosa web e incorporamos novamente o sendeiro PR-G 145.
Unha ruta esixente, fermosa e cunha contorna natural de excepcional.
Tendes máis datos neste enlace:
PR-G 145 – Ruta da Marronda – Alto Eo
Concello de Baleira (Lugo).
Actualizamos os datos da nosa web e incorporamos novamente o sendeiro PR-G 145.
Unha ruta esixente, fermosa e cunha contorna natural de excepcional.
Tendes máis datos neste enlace:
PR-G 145 – Ruta da Marronda – Alto Eo
Concello das Pontes de García Rodríguez.
Actualizamos os datos da nosa web e incorporamos novamente o sendeiro PR-G 203. Unha ruta sinxela, amable e con unha contorna natural de primeira orde. Tendes máis datos neste enlace:
PR-G 203 Senda da Ribeira
SEGATUR realizou esta semana algúns traballos de revisión en varias das rutas do Concello da Veiga.
Lamentablemente atopamos algún sinal estragado e outros, como o da imaxe, que fora «vandalizado». Coma a reparación podía facerse in situ, con materiais de limpeza especiais procedimos a borrar a «pintada».
Nas imaxes pódense ver o sinal antes e despois da limpeza. Recomendamos que os sinais laminados de alta densidade, como o da foto, sexan tratados con produtos adecuados.
SEGATUR realizou traballos de limpeza e mantemento da Ruta do Apego no Concello de Teo.
Algún sinal estragado, houbo de ser recuperado e recolocado, xunto cunha posterior limpeza dos elementos desta senda multimedia para cativos.
Na imaxe, trala nova cementación do sinal, procédese á limpeza do mesmo con produtos adecuados.
Publicados os folletos da senda
PR-G 254 Ruta da Loba da Fada.
O Concello de Vilamartín de Valdeorras publicou con axuda de SEGATUR os folletos desta ruta esixente de 20 km.
Están dispoñibles no Concello e nalgúns establecementos hostaleiros da vila.
Tamén están accesibles máis datos en galego e castelán no seguinte enlace:
https://segatur.es/sendeiros/ourense/prg254/
Faro de Vigo faixe eco do noso traballo de rehabilitación do PR-G 112 Senda de Pescadores río Miño – Tamuxe.
Fai referencia ós traballos de mantemento, pintado, sinalización con postes, recuperación e limpeza de paneis, etc.
Tamén do traballo realizado con información da natureza desta contorna privilexiada.
Ver a nova completa neste enlace pdf.
Neste sendeiro do Concello do Rosal, realizamos traballos de mantemento dos paneis e postes da ruta, así coma da pintura do sendeiro. Unha contorna utilizada diariamente por moitos veciños e visitantes polo seu atractivo naturalista, paisaxístico e pola facilidade do seu trazado.
A máis de poñer en valor o PR-G 112 Senda de Pescadores do Río Miño Tamuxe, recuperamos a sinalización e información ambiental coa incorporación de dúas decenas de minicarteis informativos da flora e fauna da contorna.
No concello coruñés de Teo, faise unha intervención xunto ó Camiño de Santiago, coa colocación de bandeirolas e códigos QR para enlazar distintos elementos patrimoniais con locucións on-line en galego, castelán e inglés.
Búscase dar máis valor ós elementos turísticos e históricos do trillado camiño xacobeo para facer coñecedores ós camiñantes das tradicións e da importancia das mulleres na contorna por onde discorre a súa peregrinación.