Hoxe presentamos unha senda marcada en 2014, con fermosas vistas sobre o Miño.
Este carreiro mostra a exuberante natureza que rodea o río Deva e permite fermosas vistas sobre o río Miño. Ao ser un roteiro circular pódese iniciar en varios puntos, como a área de autocaravanas de O Valiño ou A Ponte Ballote, sendo aconsellable este último emprazamento xa que conecta tamén co roteiro PR-G 176. Visita a impresionante e medieval (ou romana ? ) Ponte Trado.
Recomendamos contactar co Concello de Pontedeva antes de visitala para garantir que a ruta está transitable, xa que trascorre por algunhas zonas de repoboacións e poden existir traballos silvícolas.