Homologado o sendeiro PR-G 271 Ruta da Santa Compaña, en Valdeorras

Río Sil
Río Sil dende o PR-G 271

Concellos de Vilamartín e do Barco en Valdeorras.

PR-G 271 Ruta da Santa Compaña

Esta ruta foi revisada na segunda quincena de outubro de 2023 e validada por un técnico de sendeiros elixido pola FGM e con funcións de técnico homologador delegado. A Federación Galega de Montañismo emitiu o correspondente certificado de homologación refrendado pola Presidenta da FGM o día 24/10/2023.

A continuación, no próximo mes de novembro, gran parte da senda será usada parcialmente para unha andaina oficial por montaña da FGM.

Agardemos que cada vez máis sendeiristas, montañeiros e turistas coñezan este interante e fermoso sendeiro Valdeorrés, que sorprende polas súas paisaxes, historia e lendas.

Tendes máis datos neste enlace:
https://segatur.es/sendeiros/ourense/prg271/

Homologado o sendeiro PR-G 256 Ruta «Per Caminho de Lampai»

Marco Porto Lampai
Marco Porto Lampai

Concello de Teo.

Ruta «Per Caminho de Lampai»

Esta pequena ruta foi revisada a primeiros de agosto e validada por un técnico de sendeiros elixido pola FGM e con funcións de técnico homologador delegado. A Federación Galega de Montañismo emitiu o correspondente certificado de homologación refrendado pola Presidenta da FGM o día 20/08/2023.

Xa, no inmediato mes de setembro parte da senda foi usada parcialmente para unha carreira por montaña oficial da FGM.

Agardemos que cada vez máis sendeiristas, montañeiros e turistas coñezan este pequeno sendeiro teense tan próximo a Padrón e a Santiago, e que sorprende con tanta historia medieval nas súas pedras.

Tendes máis datos neste enlace:
https://segatur.es/sendeiros/coruna/prg256/

PR-G 271 Ruta da Santa Compaña

Concellos de Vilamartín e do Barco (de Valdeorras).

Ruta da Santa Compaña.

Seguindo uns camiños tradicionais, imos percorrer un territorio dacabalo dos Concellos de Vilamartín e do Barco de Valdeorras. Un percorrido con fermosísimas vistas e que contén elementos patrimoniais de gran importancia.

A ruta toma o seu nome da Santa Compaña, seguindo a liña de lendas que inauguramos coa Loba da Fada.

O trazado principal discorre dende Arnado, coa súa illada igrexa de San Clemente e co Castelo de Torre Penelas. Achégase ata Correxais, con magníficas vistas do val do Sil e a importante igrexa de San Pedro de Correxais e restos do Convento dos Trinitarios. Logo a senda achégase ata a aldea de Fervenza, coa súa capela, forno e lavadoiro. Descendendo polo val do río de Fervenza achamos a Pincheira de Portomao, e tras gozar dunha paisaxe de viñedos volveremos ata o punto de saída.

Tendes máis datos neste enlace:
https://segatur.es/sendeiros/ourense/prg271/

PR-G 256 Ruta «Per Caminho de Lampai»

Marco Porto Lampai
Marco Porto Lampai

Concello de Teo.

Ruta «Per Caminho de Lampai»

Camiño tradicional que, partindo da capela de Santa Ana (Agrela), bordea a fonte da Grela (datada no 1868) e discorre fundamentalmente paralelo ao Rego do Tarrío. Permite coñecer a historia medieval de Teo.

O nome da ruta extraémolo dun verso dunha cantiga de amor do trobador compostelán Joán Airas, onde amosa a súa desesperanza pola marcha da muller amada cara Portugal, por un camiño medieval que atravesaba o Concello de Teo de norte a sur, subindo cara a Lampai en dirección a Padrón.

O trazado principal discorre a carón dun bosque de ribeira onde se atopan varios muíños e chega ao Marco Porto de Lampai, un bloque granítico con escritos medievais gravados datado no 1156 que na actualidade marca o linde entre Teo e Padrón.

A ruta conta cunha variante que sube ao Miradoiro da Pena da Agrela, teito natural do Concello de Teo con 410 m.s.n.m. con impresionantes vistas, especialmente á desembocadura do Ulla e ría de Arousa (existe no cumio un panel panorámico interpretativo).

Tendes máis datos neste enlace:
https://segatur.es/sendeiros/coruna/prg256/

Deputación de Pontevedra – Subvencións de Turismo 2023

23/01/2023

 

 

Deputación de Pontevedra – Subvencións de Turismo 2023

A Deputación de Pontevedra convoca “Subvencións a entidades para actividades de carácter turístico 2023” e tamén “Subvencións para os custos dos servizos de información turística nos concellos”

Máis información nestes enlaces:

https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2023/01/23/2023004614

https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2023/01/23/2023004615

PR-G 238 Ruta dos Petróglifos de Teo. Traballos de mantemento – Concello de Teo

Sinais antes do seu arranxo.
Sinais despois de limpar e pintar os seus parafusos. Tratamento da madeira con lasur.

SEGATUR realizou en 2022 traballos de mantemento da PR-G 238 Ruta dos Petróglifos de Teo no Concello de Teo.

Colocáronse novos sinais e substituíronse aqueles que estaban en peores condicións. Fíxose unha nova colocación de elementos «vandalizados» e tamén unha limpeza e tratamento das fechas e paneis.

Foi unha actuación parcial nalgúns elementos que precisaban dunha reparación urxente.

Na imaxe, unhas frechas con pintadas e sucias, e logo da súa mellora.

Ruta do Apego. Traballos de mantemento – Concello de Teo

SEGATUR realizou traballos de limpeza e mantemento da Ruta do Apego no Concello de Teo.

Algún sinal estragado, houbo de ser recuperado e recolocado, xunto cunha posterior limpeza dos elementos desta senda multimedia para cativos.

Na imaxe, trala nova cementación do sinal, procédese á limpeza do mesmo con produtos adecuados.