Mantemento do PR-G 112 Senda de Pescadores río Miño – Tamuxe

Neste sendeiro do Concello do Rosal, realizamos traballos de mantemento dos paneis e postes da ruta, así coma da pintura do sendeiro. Unha contorna utilizada diariamente por moitos veciños e visitantes polo seu atractivo naturalista, paisaxístico e pola facilidade do seu trazado.

A máis de poñer en valor o PR-G 112 Senda de Pescadores do Río Miño Tamuxe, recuperamos a sinalización e información ambiental coa incorporación de dúas decenas de minicarteis informativos da flora e fauna da contorna.

Sinalización de Teo no Camiño

No concello coruñés de Teo, faise unha intervención xunto ó Camiño de Santiago, coa colocación de bandeirolas e códigos QR para enlazar distintos elementos patrimoniais con locucións on-line en galego, castelán e inglés.

Búscase dar máis valor ós elementos turísticos e históricos do trillado camiño xacobeo para facer coñecedores ós camiñantes das tradicións e da importancia das mulleres na contorna por onde discorre a súa peregrinación.

A «raia» contará cun «anel verde» de sendas xunto ó Miño

Faro de Vigo publica a información do sábado 7 de agosto de 2021 (pax. 12 ed. Vigo), sobre a creación dun anel verde de 180 km de sendeiros xunto ó río Miño.

As rutas serán continuas  e accesibles tanto a pé como en bicicleta. O proxecto está impulsado pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial do Río Miño, que busca impulsar o valor da zona como destino turístico.
Ver noticia completa en pdf.

Folletos turísticos – Actividades en Mañón

Folletos turísticos – Actividades en Mañón

O Concello de Mañón, realizou uns folletos turísticos con tódalas rutas de sendeirismo e elementos de ocio activo, coma miradoiros, hipica, kayak, surf, etc. Un municipio moi coñecido por Estaca de Bares, pero que ten moitos máis recursos naturais excepcionais e moi ben preparados, agardando a que os visitantes os descubran.

Sinalización Ruta das Muiñeiras

En Santa María de Luou (Teo) realizamos unha intervencións de sinalización dende Chanca ata A Ínsua de 900 m de lonxitude, con bo firme para paseos con coches de bebés.

Visitamos o muíño e pombal das Muiñeiras, o muíño do Inferniño, o muíño Novo, o muíño dos Cornidos, o muíño de Ínsua e o lavadoiro de Ínsua. Un percorrido ideal para primavera e verán, nun entorno rural e natural cheo de gran patrimonio.

Incorporamos aplicación para orzamentos

Co fin de orientar ós nosos clientes, incorporamos unha aplicación para facer estimacións dos custes de crear unha ruta homologada.

Consideren que os resultados son aproximados, xa que as características de cada ruta non poden ser contempladas nun simple formulario.

Para calquera dúbida, contacten con nós nos nosos enderezos electrónicos.

Acceder a orzamentos aquí.

Febreiro2020 – Reducimos o horario pero seguimos atendéndote.

Como sabedes, vivimos nunha crise sanitaria que xera situacións complicadas para todos.

O novo andazo deste pasado Nadal está a deixarnos situacións máis comprometidas que antes. A posibilidade de contacto con persoas enfermas é máis real que nunca e todos, pero especialmente os que temos rapaces en idade escolar ou traballos máis abertos, temos máis opcións para recibir un contacto indirecto.

En SEGATUR tivemos que adoptar medidas para evitar que a enfermidade poida estenderse e obrigarnos a pechar. Polo tanto, ante un confinamento preventivo familiar, debemos reorientar os nosos traballos e reducir os horarios de atención aos clientes.

Así, vémonos na obriga de termos que baixar o ritmo ata que a situación se estabilice e o provisional confinamento preventivo certifique que puidemos acoutar os riscos inmediatos, o que significa que temporalmente tardaremos algo máis do habitual na entrega dos nosos servizos e produtos.

Pero seguimos traballando para ofrecerte seguridade e servizos profesionais, con toda a experiencia no noso mercado.

Tes preguntas? Estamos aquí para resolvelas.

Chámanos aos teléfonos 654165730 ou 886117011, ou escríbenos a info@segatur.com. Responderemos inmediatamente.
Grazas por confiar en SEGATUR.

Agora só nos queda pedirte que te coides para coidarnos a todos.

Una gran aperta
Henrique Freixeiro

Nova dotación na Ruta do Apego

Unha ruta accesible, pensada para pais e nais con cativos, que se pode facer co carriño, que ten ligazóns con QR para descubrir moitos vídeos,… unha gozada nun lugar ideal: Pontevea.