PR-G 135 – Roteiro da Escuadra

PR-G 135
PR-G 135

Concello da Lama.

Actualizamos os datos da nosa web e incorporamos novamente o sendeiro PR-G 135.

Paisaxes con bidueiros e piñeirais, así como extensións grandes de zonas de pasto para o gando, son as vistas desta senda.

Dende o Miradoiro das Tres Rías, nos días de bo tempo, contémplase unha espectacular panorámica coas tres rías da provincia de Pontevedra.

Tendes máis datos neste enlace:
PR-G 135 – Roteiro da Escuadra

PR-G 147 Sendeiro As Fragas da Ribeira e do Lostegal

PR-G 147
PR-G 147

Nas Pontes de García Rodríguez temos esta impresionante ruta sinalizada en 2011.

Xunto ó río Eume, e alimentadas por numerosos regos, as Fragas da Ribeira e Lostegal mostran a exuberancia dos bosques galegos virxes, envolvidos nun clima húmido e fresco, con moita influencia atlántica.
A característica de estar a cabalo entre os Lugares de Interese Comunitaria (LIC) da Serra do Xistral e o Parque Natural das Fragas do Eume marcan a vitalidade, a cantidade, a variedade e a densidade da flora e fauna.
Ademais da beira do encoro e dos camiños entre os bosques, o visitante pode gozar dende o cumio da Carballeira dunha interesante paisaxe sobre a vila e o lago das Pontes.

Máis info aquí.

PR-G 122 – Camiños do Trega (A Guarda – Prov. Pontevedra)

Mapa PR-G 122Os Camiños do Trega son unha rede de pequenas sendas que permiten achegarnos a este impresionante cumio sobre o río Miño e o océano Atlántico.

Seguindo os seus itinerarios pódese ascender polas súas abas dende a Guarda, dende o barrio da Cruzada ou tamén dende Camposancos, ata visitar o seu afamado castro, a Ermida de Santa Trega, ou as belezas naturais da Pedra Furada e as inigualables panorámicas das que goza en calquera dirección.

A riqueza histórica e paisaxística do lugar ben merece que se coñezan lentamente, facendo sendeirismo tranquilamente e co máximo respecto para este gran legado.

Máis información e descarga de folletos neste enlace.

Ruta do Apego. Traballos de mantemento – Concello de Teo

SEGATUR realizou traballos de limpeza e mantemento da Ruta do Apego no Concello de Teo.

Algún sinal estragado, houbo de ser recuperado e recolocado, xunto cunha posterior limpeza dos elementos desta senda multimedia para cativos.

Na imaxe, trala nova cementación do sinal, procédese á limpeza do mesmo con produtos adecuados.