PR-G 176 Ruta do Río Deva – A luz esmeralda…

 

Río Deva
Río Deva

Traemos aquí unha fermosa senda marcada en 2014, por camiños e sendas de pescadores.

O trazado, de suave pendente, discorre tranquilamente por sendas de pescadores, permitindo gozar da visión de antigas obras hidráulicas tradicionais, outrora moi importantes, como son os muros de contención, canles e muíños.

O frescor da contorna do bosque de ribeira, sempre en sombra e con árbores predominantemente caducifolios como pradairos, carballos, castiñeiros, salgueiros e bidueiros, así como unha frondosa vexetación arbustiva e herbácea, fan que este carreiro sexa un verdadeiro pracer para os sentidos.