PR-G 189 Ruta dos Castros do Irixo

Conxunto de hórreos de Paredes
Conxunto de hórreos de Paredes

Hoxe lembramos unha senda marcada en 2015, por camiños abandonados durante moitos anos…
SEGATUR fixo un traballo importante nesta ruta, buscando camiños esquecidos, recuperando pontellas, investigando en sendas esquecidas e abrindo bosques impenetrables. A despoboación destas aldeas significou a perda do patrimonio ancestral dos seus camiños e das peregrinacións entre capelas, e o transito dos produtos agrícolas.
A senda pasa por un castro sen escavar no Coto do Castro pero con boas vistas, e por levadas e muíños antigos. É de destacar a Igrexa de Santa Mariña da Cidá. Probablemente o seu nome veña dunha citania ós seus pés.